FacebookTwitter

Eva Mejuto

Eva Mejuto (Sanxenxo, 1975)

Doutora en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela cun traballo sobre o realismo social no álbum ilustrado: Álbum testemuño: achegar a realidade ás crianzas. Traballou na editora Kalandraka ata 2004, en OQO Editora ata 2016. Desde 2017 coordina o Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, entre outros proxectos, e forma parte da equipa de Capicúa, xestión cultural e proxectos.

A súa especialidade é a literatura infantil e xuvenil. Ten realizado cursos de formación sobre libro-álbum e exercido a docencia no Máster Libro Ilustrado e Animación Audiovisual da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo. Participa habitualmente en encontros co alumnado dos colexios.

É autora de diversas adaptacións de contos tradicionais a álbums ilustrados, traducidos a máis de dez idiomas.

En 2017 iniciou unha andaina nova no eido da literatura xuvenil coa obra  22 segundos, a primeira obra de LIX galega que trataba a temática dun mozo Trans. Actualmente, a edición galega de “22 segundos” vai pola súa sexta edición e está en preparación a segunda parte “Os diarios da T”, en colaboración con Marcos Ceive.

En 2019 publicou en Xerais Memoria do silencio, unha novela que se desenvolve en Galicia durante a Segunda Guerra Mundial. Con esta obra resultou finalista do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil.

En 2020 resulta gañadora do certame Matilde Bares, relatos pola igualdade, convocado polo Concello de Bueu, coa obra Matilde, inspirado na vida da profesora bueuense Matilde Bares.

Obras

Colaborou nas obras colectivas:

Camiños (2017). Magín Blanco. CD-Audio